A Asociación Micolóxica da Costa da Morte " Pan de raposo" celebrará as XII Xornadas Micolóxicas no vindeiro fin de semana e, invita a todos os escolares da zona a unha charla "especial para nenos e nenas" co título "O mundo máxico dos fungos" impartida por José María Traba Velay o domingo 4 de novembro ás 6 da tarde na Escola Municipal de Música ( alameda de Cee).
BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO ESCOLAR
Ola a todos e a todas, alumnado deste colexio de Carnota. O próximo luns día 5 de novembro a biblioteca do colexio abre as súas portas para vós. Ata agora non foi posible porque era necesario organizala de novo para que poidades disfrutala neste curso. Mergulládevos nos seus andeis e atoparedes novas e divertidas historias, e máis que irán aparecendo ao longo do curso a medida que se vaian mercando máis libros e poñéndoos á vosa disposición. Esperamos a vosa colaboración para que a biblioteca sexa un lugar entrañable e acolledor no colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)